dijous, 23 de setembre del 2010

Herba moura, de Teresa Moure

[Texto do Club de lectura Biblioteca Monte Alto]

Teresa Moure é doutora en Lingüística Xeral e profesora de la Universidade de Santiago de Compostela. Ademais de diversos traballos na súa especialidade, é autora de ensaios como: Outro idioma é posible (Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2005), A palabra das fillas de Eva (2005), e novelas como A xeira das árbores (ganadora del premio Lueiro Rey de novela corta 2004), Herba moura e o máis recente Benquerida catástrofe.

Se Define como rebelde, desconfiada, ecofeminista, vexetariana, multiculturalista, anticapitalista, antiglobalización, preocupacións que se mostran en Herba moura. Esta novela foi un gran éxito de público e crítica e a fixo o fenómeno literario do ano en Galiza. Actualmente segue aparecendo nas listas de libros máis vendidos en galego.

A novela mestura fragmentos de receitas, dun "Manual de mulleres", cartas, correos electrónicos, diarios, textos dun narrador omnisciente e real, poemas, apuntes de clase… para escribir a historia invisíbel das mulleres, a historia do privado, que é tan importante como o público. Tódalas mulleres son necesarias para construír a historia, como todas as pezas son necesarias nun traballo de "patchwork" (metáfora xa presente na portada da edición galega e sinalada no libro pola propia autora).

É unha novela "intelectual", na que se formulan debates filosóficos, pero que ao mesmo tempo reivindica os sentidos (otacto e máis o olfacto, sobre todo), as pasións, a maternidade, o amor ao coñecemento e á natureza, e opón o punto de vista feminino á visión masculina e dominante do mundo.

A través dos personaxes principais, case todos mulleres, reflexionamos sobre a situación da muller na sociedade, dende o século XVI ata a actualidade: as costumes sociais, o ideal de beleza, o matrimonio, a maternidade, os tabús sobre a menstruación e o sexo … Las mulleres da novela (a raiña Cristina de Suecia, la herborista Hélène Jans, a estudante Einés Andrade) se apartan do camiño marcado, do que se espera delas; todas teñen en común o seu amor polo coñecemento, pola escritura, e as renuncias que teñen que facer para poder continuar ese camiño escollido por elas. E tamén teñen en común a súa relación co filósofo Descartes, como mestre, como amante, como obxecto de estudio.

Premios: Xerais de Novela 2005, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2005, Premio de la Crítica Española, Premio Irmandade Libro á autora ano 2005, Premio Benito Soto á mellor novela ano 2005.

Herba moura, de Teresa Moure. [http://clubmontealto.blogsome.com/2007/04/23/herba-moura-de-teresa-moure] en: Club de lectura Biblioteca Monte Alto. 27 de abril de 2007 [Consulta: 23 de setembro de 2010]

Moure, Teresa. Herba moura. Vigo : Xerais de Galicia, 2006. 442 p. 22 cm (Narrativa Xerais) ISBN 978-84-9782-347-0.

0 comentaris:

Publica un comentari a l'entrada

 

Apuntamentos de lectura Design by Insight © 2009