.
Amb la tecnologia de Blogger.

Es mostren els missatges amb l'etiqueta de comentaris Lito Caramés. Mostrar tots els missatges
Es mostren els missatges amb l'etiqueta de comentaris Lito Caramés. Mostrar tots els missatges

divendres, 20 de maig del 2011

'Setembro' [fragmento], de Geo Milev

0 comentaris
SETEMBRO (fragmento)

Nos vales escuros

antes do amencer

en todos os montes

e as chairas desertas

campos famentos

vilas lamacentas

aldeas

cidades

patios

cabanas e cortellos

nas fábricas, nos almacéns, nas estacións

no hórreo

nas granxas

e nos muíños

nas oficinas

centrais eléctricas

establecementos

nas rúas e nas curvas

enriba

entre barrancos, precipicios, cumes e cotarelos

cómaros dos campos

pendentes

nos sitios máis avesíos e desertos

nos bosques amarelos do outono

na pedras

na auga

nos trémulos remuíños

nos lameiros

xardíns

campos

viñas

nos refuxios dos pastores

entre arbustos

restroballos ardentes

gándaras

flores con espiñas:

farrapentos

sucios de lama

famentos

de caras entumecidas

do traballo emancipados

do bochorno e do frío endurecidos

deformes

eivados

acastañados

negros

descalzos

torturados

ordinarios

salvaxes

rabiosos

furibundos

-- sen rosas

sen cantos

sen máculas e tambores

sen clarinetes, tímpanos e órganos de man,

sen trombóns, trompetas e cornetas:

sacos esfarrapados ao ombreiro,

mellor dito espadas brillantes--

roupas ordinarias na man

mendigos con bastóns

con paus

picos

rachóns

arados

machadas

falcóns

mirasoles

--vellos e novos--

apuran todos, de todas partes

--como unha grea de bestas cegas

lanzada en aloucada carreira,

unhas olladas

de touros furibundos--

con berros

con ouveos

(detrás deles –o tempo nocturno-- petrificado)

voarán, avanzando

en desorde

irrefreable

formidable

sublime:

O POBO!”


Geo Milev

tradución Lito Caramés

Poema lido no Centro Galego de Barcelona dentro d'O Catalizador, unha exposición de homenaxe ao autor das Letras Galegas deste ano: Lois Pereiro, e incluído na Semana da Poesía de Barcelona.
Read more

dijous, 19 de maig del 2011

'A cerdeira', de Lex Kaltchev

0 comentaris
A CERDEIRA

No teu tronco vese: estás enferma.

As follas a túa sede me indican.

Non agromas. Morres de fame.

As túas ponlas de lonxe o proclaman.

Quen poderá axudarte? E cando?

Eu raramente veño por aquí.

Vivirás moito así, lamentando

por papá e as súas atentas mans.

Botarás flores en primavera,

branco neve será o teu vestido.

Aínda esperas que veña,

non comprendes que el marchou.

Para el engraecerás no verán

as túas cereixas, os teus rubís grandes.

Chorarás a túa dor coas túas ramas.

E o mesmo será cada ano.

E virei eu en cambio do teu home.

As miñas visitas serán raras, vanas.

Despois de estar na túa sombra

volverei ao meu centro urbano...

Ela parece un ser, esperando

sen dicirme nin ai!, a miña cerdeira.

E por que a estou apertando

como se ela a miña nai fose?


Lex Kaltchev

tradución: Lito Caramés

Poema lido no Centro Galego de Barcelona dentro d'O Catalizador, unha exposición de homenaxe ao autor das Letras Galegas deste ano: Lois Pereiro, e incluído na Semana da Poesía de Barcelona.
Read more

dimecres, 18 de maig del 2011

'Lonxe', de Nicolai Miltchev

0 comentaris
LONXE

Levo vinte anos vivindo borracho,

entre sombras con piedade mareada.

A sobriedade é un océano que bebín hai moito

e que agora con camelos percorro.

Tiña o sangue máis fino ca o corazón da granada,

tiña nome de letras bicadas.

E era un farmaceuta con balanzas de rimas

que mesturaba beleño e arte.

E curaba as abellas malas de mel,

aos cregos lles atribuía as súas celas.

Amencía moi dentro de estrofas escuras,

entre sono e alento de tempo.

Non falaba, só respiraba... coma un cativo,

ao pé de peitos sementados con leite.

Era a viña tan fráxil, medrando

que a súa folla esperaba tranquila.

Pero o mundo non é un vaso ... e non é bebida,

cara riba coma un caracol me deslizo.

A carón da miña boca –un colar que reloce,

e me fala coa súa voz de prata.

Esa fala teño que lembrala ben...

e así na noite máis muda, poderá

tremer o silencio e logo morrer

e a súa voz chegará moi, moi lonxe.



Tradución: Lito Caramés

Poema lido no Centro Galego de Barcelona dentro d'O Catalizador, unha exposición de homenaxe ao autor das Letras Galegas deste ano: Lois Pereiro, e incluído na Semana da Poesía de Barcelona.
Read more
 

Apuntamentos de lectura Design by Insight © 2009