Fotografía 22: Bar Puerto. 3 de agosto de 2009. "No Bar Puerto comíase sobre manteis de papel, aturando un ruido excesivo e, en moitas ocasións, en mesas compartidas [...]" (p. 157) Este é outro dos lugares verídicos, xunto co “Elixio”, que aparece na novela. Aquí si que estiven en máis dunha ocasión, aínda que nunca atopei a Caldas. Gustoume moito o lugar, e tamén que a camareira deste Bar fose quen lle dera ao inspector a idea de novelar o caso que tiña entre mans.
Fotografía 23: 3 de agosto de 2009. Un exemplar do título fai un cameo neste percorrido de imaxes baseado na súa lectura. Nunha desta ocasións nas que visitei o Bar Puerto, levei comigo un exemplar da Biblioteca Nodal de Vigo que estaba a ler nas vacacións.
Despídome hoxe, con tristura, deste paseo por Ollos de auga. A idea foi nun principio unha curiosidade e con ela só tiña a intención de intercalar algunha imaxe entre os meus escritos sobre libros e lecturas. Quero saudar a todos aqueles que chegaron até este blogue seguindo a pista de Leo Caldas e que seguramente gozaron da primeira novela de Domingo Villar tanto coma min. Até un vindeiro paseo por A praia dos afogados.
;-)
2 comentaris:
Encántanme os libros deste escritor ^^. Estou desexando que remate o terceiro.
Moi interesante a fotografía do bar Puerto porque, aínda que fixen un roteiro sobre "A praia dos afogados", non nos levaron a visitar ese lugar.
Saúdos!
Ola Alma Errante,
E graciñas por visitar tamén este blog.
Domingo Villar explica en "Ollos de auga" que o Bar Puerto e máis o "Elixio" son verídicos. Mais non fai comentario sobre estes e outros na "Praia dos afogados"
Eu tamén desexo poder ler mais casos de Leo Caldas.
Unha aperta, ata pronto
Dani (a lei de Lem)
Publica un comentari a l'entrada