Fotografía 7: Concello de Vigo. 7 de agosto de 2009. “O inspector regresaba da comisaría da policía municipal, no edificio do Concello, onde lle entregara ao oficial as follas coas queixas e o rosario de enderezos... [...]” (p.45). O Concello mudou hai tempo do casco antigo a este edificio moderno, cadrado. É unha das torres que destacan na liña do ceo da cidade. Na súa praza, nos dias da festas da cidade, pódese ver cine ao ar libre. Aloxa, efectivamente, as oficinas da Policía Municipal. Aquí reciben Caldas e máis Estévez as broncas do seu xefe.
Fotografía 8: Rúa do príncipe. 3 de agosto de 2009. “Caldas camiñaba polo empedrado da Rúa do Príncipe, xa sen rastro da actividade frenética dunhas horas atrás” (p.45). Sen dúbida a rúa mais transitada de Vigo, as “ramblas” da cidade: pallasos e músicos na rúa. A min gústame a vista do río de persoas dende a praza das artes.
0 comentaris:
Publica un comentari a l'entrada