Fotografía 1: Porto de Canido. 11 de agosto de 2009. “A illa que está fronte ao porto de Canido” (p.21) Esta é a referencia que lle dá o inspector Leo Caldas a Rafael Estévez. Nun edificio da illa sucedeu un asasinato.
Fotografía 2: Illa da Toralla dende a praia. 7 de agosto de 2009. Á esquerda da liña do horizonte, a ponte que chega á illa, no centro da imaxe. Caldas leva anotado o enderezo que corresponde co edificio branco (p.20). Omnipresente na paisaxe desperta en mi sempre que vou a Vigo a mesma pregunta: como sería a vista sen a torre?
1 comentaris:
Ei, ola!
Quérovos convidar a seguir este paseo fotográfico pola novela de Domingo Villar e máis aproveitar saudarvos ata mañá que nos atopamos para comentar a lectura.
Estas fotos non son boas como fotografías, máis son unha curiosidade e facelas foi moi divertido.
Convídovos tamén a enviar ao blog xa sexan fotos, anécdotas, críticas ou opinións sobre todo aquilo que leades.
Saúdos. Ata mañá
:-)
Publica un comentari a l'entrada